top of page

As comarcas terán hoxe sábado de novo os ceos nubrados e temperaturas en lixeiro ascenso

6 ago 2022
1 min de lectura

IsmaelRS/Xeral

Hoxe sábado, Galicia queda entre a baixa térmica centrada na península Ibérica e o anticiclón situado ao noroeste, o que segue a deixar un corredor de ventos do nordés. Así, teremos ceos parcialmente nubrados no extremo norte e pouco nubrados ou despexados no resto. Segundo avance a xornada, irán entrando brétemas polo sur das Rías Baixas e medrarán nubes de evolución en comarcas do interior da metade sur que poderían deixar algún chuvasco illado de carácter tormentoso, principalmente en zonas montañosas. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do nordés, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page