top of page

As comarcas terán hoxe mércores os ceos nubrados con algún orballo ocasional

2 nov 2022
1 min de lectura

IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, quedaremos transitoriamente baixo influencia anticiclónica, pero unha pequena borrasca se irá achegando desde o oeste e nos afectará a partir da noite. Con esta situación, agárdanse ceos nubrados con algún orballo ocasional no oeste e no suroeste da provincia da Coruña e un aumento progresivo de nubes no resto do territorio segundo avance o día. Xa pola noite e ao longo da madrugada do xoves, as chuvias asociadas á borrasca estenderanse de oeste a leste por toda a xeografía galega. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, localmente moderado no caso das mínimas. Os ventos soprarán do sur e suroeste, frouxos en xeral, pero se intensificarán de xeito importante durante a madrugada do xoves, acadando intensidade forte no litoral atlántico, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page