top of page

As comarcas terán hoxe domingo os ceos cubertos e as choivas farán acto de presenza ao final do día

26 sept 2021
1 min de lectura

IsmaelRS/Xeral

O domingo Galicia queda cun réxime de ventos do suroeste que traerán unha fronte fría ao final da xornada. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa atlántica onde se poderá rexistrar algunha chuvia intermitente ao longo do día. Pola noite chegarán as chuvias asociadas á fronte, máis intensas na metade oeste. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos pola mañá, aumentando en intensidade pola tarde, fortes no litoral noroeste, tal como comenta MeteoGalicia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page