top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe xoves os ceos pouco nubrados ou despexados en xeral

IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, recupérase a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos do nordés. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con nubes baixas no norte da provincia de Lugo que poderán deixar algún orballo, máis probable durante a mañá. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán na metade leste e ascenderán nas Rías Baixas. O ventos soprará do nordés, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



10 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page