top of page

As comarcas terán hoxe xoves os ceos pouco nubrados e con temperatuas en ascenso

IsmaelRS/Xeral

Xornada de influencia anticiclónica con circulación de nordés sobre Galicia. Deste xeito, teremos néboa matinais en comarcas de interior e ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, agás no terzo norte, onde haberá máis nubes, mesmo con orballos ou chuvias febles entre Ortegal e a Mariña Oriental. Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas de montaña, con posibilidade de treboadas illadas. As temperaturas máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do nordés en xeral, moderados no terzo norte, con intervalos fortes no litoral da Coruña, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page