top of page

As comarcas terán hoxe xoves os ceos parcialmente nubrados con chuvascos illados e ocasionais

IsmaelRS/Xeral

Durante hoxe xoves Galicia continuará baixo a influencia da borrasca centrada sobre as Illas Británicas. Así, comezaremos o día cos ceos cubertos e con algunha chuvia miúda, máis probable no oeste e no sur da Comunidade. A partir do mediodía iranse abrindo grandes claros, con algún chuvasco illado e ocasional en puntos do interior. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas terán un lixeiro ou moderado ascenso. Os ventos soprarán frouxos do sur e do oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page