As comarcas terán hoxe xoves os ceos nubrados con posibilidade de choivas ocasionais
IsmaelRS/Xeral

Na xornada de hoxe, agárdase a chegada dunha fronte pouco activa. Esta situación vai deixar ceos nubrados, con menos nubes no sueste, e algunha chuvieira dispersa e ocasional pola mañá, máis probable na provincia da Coruña. A partir do mediodía, irán diminuíndo as nubes en todo o territorio. As temperaturas mínimas continuarán sen grandes cambios, pero as máximas descenderán, en xeral, de xeito lixeiro, localmente moderado na provincia de Pontevedra. Os ventos soprarán frouxos, de compoñente oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.
