IsmaelRS/Xeral
Hoxe xoves Galicia queda na influencia dunha profunda borrasca que se situará sobre as Illas Británicas e que deixará unha xornada de ventos e chuvias intensos, con entrada de aire frío. Así, os ceos estarán nubrados, con chuvias localmente treboentas e ocasionalmente acompañadas de sarabia. A cota de neve situarase entre os 1000 e os 1200 metros de altitude, puntualmente máis baixa nas horas centrais do día.
Publicidade
As temperaturas mínimas sufriron un moderado descenso e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes na franxa costeira e zonas altas.
Publicidade
Atención para hoxe xoves 02 Situcaión moi complicada no mar con ondas superiores aos 8 metros. Vento forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes en toda a franxa costeira e zonas altas. Acumulacións de 5 cm de neve por riba dos 1000 metros, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 13 | 5 |
Antas de Ulla | 14 | 5 |
Arzúa | 14 | 7 |
Boimorto | 13 | 7 |
Dozón | 13 | 4 |
Lalín | 14 | 5 |
Melide | 14 | 6 |
Monterroso | 14 | 6 |
O Pino | 15 | 8 |
Palas de Rei | 13 | 6 |
Rodeiro | 14 | 5 |
Santiso | 15 | 7 |
Silleda | 15 | 7 |
Sobrado dos Monxes | 13 | 6 |
Toques | 13 | 6 |
Touro | 15 | 8 |
Vila de Cruces | 14 | 7 |
Commentaires