top of page

As comarcas terán hoxe xoves os ceos con nubes e claros e temperaturas en lixeiro descenso

IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, virá marcado pola perda da influencia anticiclónica e polo achegamento dunha fronte atlántica que entrará polo noroeste ao longo da noite. Deste xeito, pola mañá, teremos ceo despexado no leste e no sueste e nubes baixas e néboas que se irán rompendo co paso das horas no resto. Ao longo da tarde irán aumentando as nubes medias e altas desde o oeste e medrará nebulosidade de evolución diúrna nas montañas do leste de Ourense que podería deixar algún amago treboento. Xa pola noite, haberá chuvias febles no cuadrante noroeste da Comunidade, máis probables en comarcas próximas ao litoral.

Publicidade

As temperaturas mínimas ascenderán de xeito lixeiro ou localmente moderado e as máximas descenderán na fachada atlántica e quedarán sen cambios significativos no resto.

Fonte: MeteoGalicia

Publicidade

O vento irá virando de compoñente norte a compoñente oeste ao longo da mañá, acadando intensidade moderada entre Fisterra e Bares, tal e como comenta MeteoGalicia.

Concello

T. Máx (º)

T. Min. (º)

​Agolada

24

13

Antas de Ulla

24

13

Arzúa

25

14

Boimorto

24

14

Dozón

23

13

Lalín

23

13

​Melide

25

14

Monterroso

25

14

O Pino

25

14

Palas de Rei

24

14

Rodeiro

24

13

​Santiso

25

14

​Silleda

24

14

Sobrado dos Monxes

24

13

Toques

24

13

Touro

23

15

Vila de Cruces

24

14



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page