As comarcas terán hoxe venres os ceos pouco nubrados ou despexados en xeral
IsmaelRS/Xeral

Hoxe venres, consolídase a influencia das altas presións sobre Galicia, co anticiclón centrado no continente europeo. Unha situación de estabilidade que traerá tempo seco, con bancos de néboa nalgúns vales do interior que se irán desfacendo co avance da mañá e ceos pouco nubrados ou despexados no resto. As temperaturas mínimas descenderán de xeito moderado e as máximas manteranse sen cambios significativos ou con algún ascenso puntual na fachada atlántica. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio do leste e sueste, tal e como comenta MeteoGalicia.
