IsmaelRS/Xeral
Hoxe venres, Galicia permanecerá na influencia das altas presións, polo que se agarda unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinal localmente persistentes nos vales. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente leste, frouxo en xeral, aumentando en intensidade co avcance do día.
Atención para venres:
Xeadas en comarcas do interior, tal e como comenta MeteoGalicia.
Comments