top of page

As comarcas terán hoxe sábado os ceos con nubes e claros e temperaturas similares ás destes días

IsmaelRS/Xeral

Hoxe, sábado, Galicia manterase baixo influencia anticiclónica, aínda que se irá debilitando ao longo da xornada. Con esta situación, agárdanse brétemas en comarcas costeiras do norte e bancos de néboa en zonas de interior que deixarán paso a ceos pouco nubrados ou alternando nubes de tipo medio e alto con claros. Pola noite, aumentarán as nubes baixas en toda a metade norte. As temperaturas máximas manteranse sen cambios significativos ou descenderán lixeiramentre. Os ventos soprarán de compoñente norte, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page