top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe sábado os ceos con alternancia de nubes e claros

IsmaelRS/Xeral

Hoxe sábado será unha xornada de transición á espera dunha nova fronte que se achegará a Galicia nas últimas horas do día. Así teremos ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará de compoñente sur, frouxo pola mañá aumentando en intensidade co avance do día ata quedar forte pola noite, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia


8 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page