top of page

As comarcas terán hoxe sábado os ceos alternando nubes e claros

IsmaelRS/Xeral

Na xornada do sábado, Galicia quedará baixo o radio de acción da borrasca sobre as Illas Británicas, deixando un réxime de ventos do suroeste. Así, os ceos estarán alternando nubes e claros en xeral, con menos nubes ao leste e ceos máis cubertos no oeste das provincias da Coruña e Pontevedra, onde mesmo se poderá rexistrar algún orballo. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do sur e suroeste, arrenciando no litoral noroeste conforme se achegue a noite, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page