IsmaelRS/Xeral
Nova xornada de influencia anticiclónica sobre Galicia, coa chegada dunha masa de aire cálida. Deste xeito, teremos ceos maiormente despexados, con progresiva entrada de nubes altas. Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas de interior, que poderían deixar algún amago treboento.
Publicidade
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, continuando as máximas sen cambios en valores altos, con ascensos no extremo norte e lixeiros descensos no sur. Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.
Publicidade
Atención para hoxe mércores:
Temperaturas por riba dos 39ºC en Valdeorras e Miño de Ourense e por riba dos 37ºC no Miño de Pontevedra, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 35 | 23 |
Antas de Ulla | 36 | 21 |
Arzúa | 36 | 21 |
Boimorto | 35 | 21 |
Dozón | 34 | 23 |
Lalín | 35 | 23 |
Melide | 36 | 21 |
Monterroso | 37 | 20 |
O Pino | 35 | 22 |
Palas de Rei | 36 | 20 |
Rodeiro | 35 | 22 |
Santiso | 36 | 22 |
Silleda | 35 | 23 |
Sobrado dos Monxes | 35 | 20 |
Toques | 35 | 20 |
Touro | 34 | 21 |
Vila de Cruces | 35 | 22 |
Comments