IsmaelRS/Xeral
Galicia continuará durante o martes baixo a influencia das borrascas atlánticas que enviarán unha nova fronte activa. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, máis frecuentes nas horas centrais do día e localmente fortes na metade sur da Comunidade. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes no litoral e con refachos fortes no interior.
Atención para martes:
Chuvascos puntualmente fortes na metade sur de Galicia. Refachos de vento de compoñente sur localmente superiores aos 80 km/h, tal e como comenta MeteoGalicia.
Comments