IsmaelRS/Xeral
Na xornada de hoxe martes, retírase o aire frío de capas medias e altas da atmosfera, quedando Galicia nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Con esta configuración, os ceos estarán parcialmente cubertos con algúns chuvascos dispersos e ocasionais. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento estará calmo ou soprará frouxo de dirección oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.
Comments