IsmaelRS/Xeral
Hoxe martes, Galicia mantense na influencia das baixas presións situadas ao oeste que deixan un réxime de ventos do sur. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables pola mañá na metade oeste que irán remitindo co avance da xornada.
Publicidade
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso.
Publicidade
O vento soprará de compoñente sur, moderado con intervalos fortes no litoral oeste durante a mañá e baixando en intensidade durante a tarde, tal e como comenta MeteoGalicia.
Concello | T. Máx (º) | T. Min. (º) |
Agolada | 22 | 16 |
Antas de Ulla | 22 | 16 |
Arzúa | 23 | 17 |
Boimorto | 22 | 16 |
Dozón | 20 | 15 |
Lalín | 21 | 16 |
Melide | 22 | 17 |
Monterroso | 23 | 16 |
O Pino | 23 | 17 |
Palas de Rei | 23 | 16 |
Rodeiro | 21 | 16 |
Santiso | 23 | 17 |
Silleda | 23 | 17 |
Sobrado dos Monxes | 22 | 16 |
Toques | 22 | 17 |
Touro | 22 | 17 |
Vila de Cruces | 22 | 16 |
コメント