IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste e unha fronte pouco activa entrando polo noroeste de Galicia. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados en xeral e algunha chuvia intermitente na provincia da Coruña pola tarde, chegando a Pontevedra e o centro de Lugo de xeito máis disperso nas derraideras horas do día. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios signicativos en xeral, pero as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente, principalmente no interior. Os ventos soprarán do sur e suroeste, con intervalos fortes no extremo norte, virando a oeste durante a tarde e amainando, tal e como comenta MeteoGalicia.

Comments