top of page
Perruquería Marisa.gif

As comarcas terán hoxe mércores os ceos cubertos e as chuvias farán acto de presencia un día máis

IsmaelRS/Xeral

A borrasca localizada entre os Azores e a Península Ibérica continuará deixando unha atmosfera inestable e polo tanto un tempo moi cambiante. Deste xeito, agárdanse ceos nubrados e chuvascos, que localmente serán fortes e virán acompañados de aparato eléctrico. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán entre frouxos e moderados de compoñente sur, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



23 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page