As comarcas terán hoxe mércores abundantes nubes e chuvias
IsmaelRS/Xeral

Hoxe mércores, un embolsamento de aire frío en altura moverase ó oeste de Portugal cara ó sur. Con esta situación, agárdanse abundantes nubes e chuvias, máis frecuentes e tamén máis intensas canto máis ó oeste de Galicia. As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará do sur-sueste moderado, con refachos fortes no litoral atlántico, virando a leste e debilitándose á noite, tal e como comenta MeteoGalicia.
