As comarcas terán hoxe luns os ceos nubrados e as choivas farán acto de presenza dende ben cedo
IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns, Galicia mantense na influencia das baixas presións situadas no Cantábrico. Con esta situación, agárdase unha xornada de ceos nubrados, con chuvias que comezarán a primeiras horas polo litoral noroeste e que se irán estendendo ao resto da Comunidade co avance do día. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas quedarán sen cambios significativos en xeral con ascensos puntuais das máximas no terzo norte. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.
