As comarcas terán hoxe luns os ceos con moitas nubes e chuvascos localmente fortes e treboentos
IsmaelRS/Xeral

Hoxe luns, estaremos baixo a influencia dunha borrasca que se situará moi preto de nós, fronte á costa de Portugal. Con esta situación, agárdanse ceos con moitas nubes e chuvascos localmente fortes e treboentos, menos probables ou frecuentes canto máis ao nordés. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un descenso de lixeiro a moderado no interior e permanecerán sen cambios significativos en puntos costeiros. O vento soprará de compoñente sur, forte no litoral oeste e nas zonas altas e moderado, con refachos fortes, no resto, coa excepción do extremo norte, tal e como comenta MeteoGalicia.
