As comarcas terá hoxe venres os ceos parcialmente nubrados en xeral e algunhas chuvias intermitentes
IsmaelRS/Xeral

Hoxe venres, daremos a benvida ao outono coa perda da influencia anticiclónica e a chegada dunha fronte pouco activa polo noroeste. Deste xeito, agárdanse ceos parcialmente nubrados en xeral e algunhas chuvias intermitentes no terzo norte, máis probables e frecuentes cara ao final da tarde. As temperaturas mínimas ascenderán, pero as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, máis marcado en comarcas de interior. O vento soprará de compoñente norte, aumentando de intensidade en todo o litoral co avance do día, tal e como comenta MeteoGalicia.
