top of page

As comarcas seguirán hoxe xoves baixo a influencia anticiclónica e temperaturas sen cambios

22 sept 2022
1 min de lectura

IsmaelRS/Xeral

Hoxe xoves, seguiremos baixo influencia anticiclónica, aínda que se irá debilitando co avance da xornada. Isto fará que o día amenza con brétemas costeiras nas Rías Baixas, máis probables entre Silleiro e Corrubedo, que se irán afastando durante a tarde, á vez que permitirá que se acheguen intervalos de nubes altas asociadas a unha fronte atlántica que percorrerán Galicia de oeste a leste co avance da xornada. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos ou descenderán puntualmente, mentres que as máximas descenderán de xeito lixeiro en xeral. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page