top of page

As comarcas quedarán hoxe martes na influencia das altas presións ata a noite cando se prevé choiva

IsmaelRS/Xeral

Hoxe continuaremos na influencia das altas presións ata a noite cando se prevé a chegada dunha fronte. Así, será un día de ceos pouco nubrados ou despexados, con néboas matinais en puntos do interior e cun progresivo aumento das nubes ao oeste co avance da tarde. Cara á noite comezarán as chuvias pola provincia da Coruña e iranse estendendo ao resto da Comunidade na madrugada. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios, volvendo a ser moi frías para a época do ano, e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, moderado en puntos do interior. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, tal e como comenta MeteoGalicia.

Fonte: MeteoGalicia



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page