top of page

As comarcas de Arzúa e Terra de Melide reciben 100.000 euros para contratar técnicos deportivos

Boimorto, Touro, O Pino, Santiso, Sobrado e Toques reciben para este fin 15.000 euros respectivamente e Melide, 10.000

Laura Moure

Este ano 69 concellos da provincia da Coruña contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 905.000 euros para financiar este programa. Concretamente, concede en total as comarcas de Arzúa e Terra de Melide 100.000 euros.


A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou que estas axudas "ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 69 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores".


A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e seguridade social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os Concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.


Concretamente, na comarca de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro recibirán cada uno 15.000 euros para este fin e na comarca Terra de Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques tamén serán beneficiarios da mesma cantidade respectivamente mentres que Melide obterá 10.000 euros.

Capelán (no centro).


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page