top of page

As bibliotecas de Antas e Monterroso reciben axudas da Xunta para actividades de animación á lectura

Ata o 4 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas para adquirir novidades editoriais en galego e mellorar as coleccións bibliográficas


Laura Moure/A Ulloa

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoia as actividades de animación á lectura organizadas por 37 bibliotecas municipais lucenses a través do programa Ler conta moito 2026. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución da liña anual de axudas dirixidas a concellos para organizar iniciativas de dinamización nas bibliotecas e axencias de lectura locais. O importe total concedido na provincia suma algo máis de 30.000 euros.

En canto ao reparto por comarcas, na Mariña chegaron a Alfoz do Castrodouro, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Na Zona Sur foron beneficiarios Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, O Saviñao, Sober e Taboada. Na Terra Chá e Meira, accederon Castro de Rei, Guitiriz, Meira, Pastoriza, Riotorto, Vilalba e Xermade. Tamén as bibliotecas municipais de Lugo, Antas de Ulla, Monterroso, A Fonsagrada, Láncara, O Páramo e Sarria recibiron estes apoios.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O catálogo de Ler conta moito inclúe un amplo abano de accións dirixidas ao público infantil, xuvenil e adulto. Entre outras, figuran obradoiros creativos; propostas de narración oral como contacontos, exposicións ou charlas; divulgación literaria a través de encontros con autores, clubs de lectura e similares; así como outras actividades centradas en temas de interese social ou cultural.


Ademais, ofértanse proxeccións audiovisuais; audicións; ciclos de cine e música; creación de contidos dixitais; proxectos de artes escénicas; exposicións ou roteiros para descubrir escenarios literarios, entre outros.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Arias apuntou que esta é unha das medidas da Xunta para impulsar a actividade da rede pública de bibliotecas. Destacou que neste momento está aberto o prazo de solicitude das achegas para adquirir novidades editoriais en galego e mellorar as coleccións bibliográficas nos espazos de titularidade municipal. Os concellos poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 4 de xuño.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page