As persoas maiores de 55 anos que o soliciten disporán, gratuitamente, de asistencia a nivel do deterioro cognitivo, a audición ou podoloxía
Laura Moure/Arzúa
O concello de Arzúa ofrecerá, de novo, aos seus veciños a posibilidade de desfrutar gratuitamente dunha serie de servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da
memoria grazas a unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.

O programa denominado “Coidados porta a porta” achegarase a Arzúa os días 3, 6 e 7 de febreiro de 2023 para que as persoas maiores de 55 anos poidan desfrutar dunha serie de coidados especializados sen necesidade de desprazarse.
A unidade móbil estará situada na explanada do Campo da Feira e nela realizaranse revisións e valoracións auditivas, atención podolóxica para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías, así como probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
Os veciños de Arzúa que desexen acceder a algúns destes servizos, nas datas sinaladas, deberán solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992 ou no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Comments