top of page

Arzúa: escenario dun dos capítulos da nova serie do produtor e actor Rubén Riós

Dous veciños, nai e fillo, de Burres serán os protagonistas desta vila

Cecilia Camino durante a grabación.

Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este Concello confirmou a súa participación na serie-documental Arrieiros Somos, unha idea orixinal de Rubén Riós. Esta miniserie percorre varios lugares de Galicia adentrándose máis "nas relacións e o amor das persoas aos seus e ao noso". Os protagonistas desta primeira entrega son Cecilia Camino de 92 anos e o seu fillo Manoliño de 53 de Salmonte, Burres (Arzúa).


A equipa de rodaxe da produtora Claqueta Coqueta e La sombra estudios desprazouse o pasado 18 de xaneiro ata Arzúa para grabar un dos capítulos desta nova entrega, tal e como indica o Concello. Arrieiros Somos nace despois do éxito de Camiñantes do noso que se adentrou nas aldeas polas que transcorre a Vía da Prata do Camiño de Santiago co obxectivo de destacar a importancia da vontade, das ensinanzas, das tradicións e dos recordos dos nosos maiores, que tan azotados están pola pandemia da Covid-19.


Os testemuños destas persoas cargadas de anos, de sabedoría e de experiencia son os protagonistas xirando arredor de temas como o abandono rural, soidade, coronavirus, familia, orgullo galego, violencia de xénero e emprendemento empresarial. A serie acadou cerca das 100.000 visualizacións en YouTube e un grande impacto e alcance nas distintas redes sociais. Tamén se pode ver os sábados e domingos as 11:55 horas na Televisión de Galicia.


Agora, baixo o título de Arrieiros somos, nesta miniserie documental o coñecido actor e produtor Rubén Riós percorre varios lugares de Galicia manténdose a esencia de Camiñantes do noso, pero con moitas novidades, adentrándose máis nas relacións e o amor das persoas aos seus e ao noso. Os protagonistas desta primeira entrega son Cecília Camino de 92 anos e o seu fillo Manoliño de 53. Unha historia que nos fará ver o amor incondicional entre nai e fillo despois de criarse sen a figura paterna e a loita e a constancia de Manoliño entre a súa discapacidade e o ámbito rural.


Esta produción estrearase este venres, 12 de febreiro, as 21:00h na canle de YouTube “Orgullo Galego” https://www.youtube.com/channel/UCe47pH8XQw57JdwKKhZu9pw




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page