top of page

Arzúa celebra o Día do Libro con diversas actividades durante toda a semana

As iniciativas están incluídas na programación cultural denominada Primavera de Cultura


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza esta semana diversas actividades e iniciativas para conmemorar o Día do Libro, as mesmas están incluídas na programación Primavera de Cultura que no mes de abril céntrase no fomento da lectura.

María Solar o pasado febreiro presentado un dos seus libros en Arzúa.

O venres 21, a Capela da Madanela acollerá a presentación do libro Arrieiros Somos de Rubén Riós. O libro Arrieiros Somos do xornalista e actor Rubén Riós, está inspirado nas vidas dos protagonistas da súa web homónima. Está composto por unha recompilación dos testemuños de diversas e diversos residentes no rural co que se busca transmitir anos de sabedoría e de experiencia e presentar as realidades do rural, como o orgullo de ser galego, o emprendemento empresarial, pero tamén a soidade ou o medo que xerou na poboación máis maior a pandemia da Covid-19. Neste proxecto participaron na súa primeira entrega Cecilia e Manoliño de Salmonte cun capítulo que conseguiu un gran alcance superando as 25.000 visualizacións en YouTube.

Ese mesmo día, o venres 21 e ata o 30 de abril poñerase en marcha a campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila Arzúa Conta. Durante eses días con cada merca dun libro en calquera das librarías locais, entregarase un agasallo ata agotar existencias. A iniciativa mantense despois das dúas últimas edicións nas que no 2021 e 2022 alcanzou unha moi boa acollida e participación.


E, por último, esta semana rematará a exposición O mosteiro. Arte relixiosa contemporánea na Capela que desde a súa apertura, o pasado 30 de marzo, superou as 700 visitas. O xoves 20 e o venres 21 a mostra abrirá no seu horario habitual de 18:30 a 20:30 horas,

contando tamén o xoves cunha visita guiada de balde ás 19:30. O sábado 22 terá lugar a súa clausura ás 12:00 horas.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page