top of page

Arzúa acollerá mañá, 8 de maio, a proxección e posterior coloquio do documental Basal

A peza pretende demostrar que a música tamén é unha ferramenta con efectos notables sobre a saúde mental e o benestar, así como recoñecer ás persoas con discapacidade como creadoras, intérpretes e axentes culturais


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo os actos incluídos na programación Primavera de cultura que se estenderá ata finais deste mes de maio con propostas para todos os públicos. A próxima cita terá lugar mañá, venres, 8 de maio, coa proxección e posterior coloquio do documental Basal.

Basal é un documental que retrata a vida da cantautora Ugia Pedreira, coñecida como A Pedreira, xunto á súa filla que ten parálise cerebral e unha relación “curiosa e espléndida” coa música. O relato percorre desde as sesións en Donostia ata a participación de Lua na gravación do álbum tamén chamado Basal. A narración conta coa presenza de Cristina Pato, quen reflexiona sobre o arte como un dereito, non como un privilexio, e ambas destacan a necesidade de actividades culturais accesibles para todos os públicos, independentemente das súas capacidades.


A peza pretende demostrar que a música tamén é unha ferramenta con efectos notables sobre a saúde mental e o benestar, así como recoñecer ás persoas con discapacidade como creadoras, intérpretes e axentes culturais.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Este documental, que ten unha duración de 26 minutos, será proxectado este venres na Casa de Correos ás 20:00 horas e contará coa presenza de Ugía Pedreira, que levou a dirección do mesmo. A entrada será libre e de balde.


Esta proposta chega ao noso concello en colaboración coa Área de Cultura da Deputación da Coruña para conmemorar o Día Internacional da Arte.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “a todas as persoas a participar nesta iniciativa que aporta variedade, calidade e sensibilidade á programación cultural do noso concello”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page