top of page

Arzúa acollerá en abril a campaña 'É por ser muller' que leva a Deputación da Coruña a varias vilas

Laura Moure/Arzúa

É por ser muller, a campaña que vén de poñer en marcha a área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo do 8M, tivo lugar esta semana nas instalacións da AC Alexandre Bóveda da Coruña a primeira cita da súa programación. Neste mes de marzo, continará nos concellos de Cabanas, Carballo, Betanzos e Cambre. Mentres que en abril chegará a Arzúa, Oroso e Zas.

As actividades que se levarán a cabo pretenden, entre outros obxectivos, crear espazos de coñecemento dirixido ás traballadoras dos coidados, divulgar a normativa vixente en materia laboral neste sector, impulsar espazos de reflexión e debate arredor das desigualdades de xénero que afectan ao mercado laboral, e dar a coñecer asociacións, organizacións e espazos que loitan polos dereitos das mulleres no ámbito laboral.

En Cabanas, a sesión terá lugar o martes 14 marzo de 18 a 20 horas na Casa do Concello; en Carballo será o luns 20 pola mañá no Forum Carbllo; en Betanzos tamén o luns 20 na aula de servizos múltiples de Servizos Sociais pola tarde; e en Cambre o martes 28 de marzo pola tarde no centro municipal de Servizos Sociais.


A programación continúa en Arzúa o luns 17 de abril pola tarde na Capela da Madalena; en Oroso o martes 18 pola tarde no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa; e en Zas o 24 dese mesmo mes.

Convén lembrar que a campaña "É por ser muller" pon o foco na situación de desvantaxe que sofren as mulleres que, pola súa condición de xénero, teñen que se facer cargo do 'traballo reprodutivo', que engloba o conxunto de traballos que sosteñen a vida diaria da sociedade: o traballo doméstico, mais tamén os servizos públicos de saúde, de educación, da dependencia, do socio-comunitario, da igualdade ou do acceso á vivenda. Traballos precarizados ou non remunerados e que constitúen unha das grandes fendas de desigualdade por causa de xénero.




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page