top of page

Arrancan en Silleda os obradoiros de estimulación cognitiva para previr alzheimer e outras demencias

As sesións, impartidas a través de Afapo, terá lugar na Casa da Xuventude todos os martes e xoves


Laura Moure/Silleda

Os programa integral de atención a persoas con alzheimer e outras demencias e as súas familias, que se vén realizando en Silleda dende 2014, retomouse este martes ca reanudación dos obradoiros de estimulación cognitiva. Estas sesións, nas que inicialmente participarán 24 persoas, celebraránse todos os martes e xoves –en dúas quendas- nas instalacións da Casa da Xuventude.

O presidente de Afapo, Jose Manuel Fontenla, e a concelleira de Benestar e Sanidade, Ángela Troitiño, deron a benvida as persoas participantes nestes obradoiros, impartidos por personal da entidade, nos que se trata de previr a aparición de demencias. O Concello de Silleda renovou así un ano máis o convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Alzeimer de Pontevedra (Afapo), á que se aportan máis de 17.000 euros para atender ás persoas afectadas pola enfermidade e as súas familias.


Charla en marzo

Este ano o programa incluirá tamén una sesión informativa aberta ao público que se celebrará en Silleda o vindeiro mes de marzo.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page