top of page

Arrancan as obras de mellora da seguridade na AC-934 no treito coincidente co Camiño, en Sobrado

A intervención, cun investimento de preto de 70.000 euros, céntranse na execución dunha senda pola marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 26+350 e 26+600


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

A Xunta vén de comezar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-934, no treito coincidente co Camiño do Norte, ao paso polo concello de Sobrado dos Monxes.

Esta intervención, que supón un investimento de preto de 70.000 euros, céntranse na execución dunha senda pola marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 26+350 e 26+600.

Foto de arquivo.

As obras inclúen a reubicación de parte da sinalización existente e a instalación de tubaxe de canalización de pluviais, construíndo a continuación unha nova senda sobre ela.

Ademais, neste mesmo municipio, continúan as obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente tamén co Camiño do Norte, onde se está a executar unha senda de algo máis de 1,5 quilómetros de lonxitude.

Esta nova actuación enmárcase nas 39 intervencións de mellora da seguridade viaria que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai executar este ano en cruzamentos ou treitos paralelos das rutas xacobeas coas estradas autonómicas, cun orzamento de preto de 1,8 millóns de euros.

A encomenda deste ano levarase a cabo nos distintos camiños e trazados da ruta xacobea en tres provincias galegas. Na provincia da Coruña están programadas un total de 11 actuacións; na de Lugo, 23; e na de Ourense, 5. O Goberno galego dálle así continuidade ás 70 obras que realizou o pasado ano nas marxes dos Camiños, e ás que destinou 1,4 millóns de euros.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page