top of page
Perruquería Marisa.gif

Arrancan as actividades previas ao 30 aniversario da Festa do Melindre de Melide

Abarcan obradoiros, catas e maridaxes de melindres, augardentes e licores tradicionais da comunidade galega


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide comeza hoxe, venres 28 de xaneiro, coa promoción do 30 aniversario da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide, que terá lugar no mes de maio. Deste modo, arranca a primeira das actividades da programación previa, que consiste nun obradoiro con maridaxe e cata no CIFP Compostela, impartido por Alberto Rodríguez, presidente da Asociación Melide Terra Doce, e Sonia Otero, enóloga e membro do panel de catas do Consello Regulador da II.XX das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Ademais hoxe, de 5 a 8 da tarde, terá lugar a maridaxe entre a repostería de Melide e os augardentes de Galicia para o alumnado do CIFP Compostela, situado en Lamas de Abade, do Ciclo Medio de Servicios en Restauración adulto, Dirección en Servicios de Restauración adulto e Ciclo Superior de Cociña adulto. No evento, a enóloga do Consello

Regulador, e tamén embaixadora da Festa do Melindre, ofrecerá ao alumnado unha

explicación e cata das diferentes variedades das augardentes e licores tradicionais de

Galicia. Ademais, terá lugar un obradoiro e un debate co alumnado do centro buscando a maridaxe perfecta, probando e experimentando tamén con maridaxes alternativas.

Na cata probarase augardente de Galicia de distintas variedades: Albariño, Mencía, Godello, da zona do Ulla, de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café tamén da comunidade galega.


Mentres, o luns 31 de xaneiro repetirase a actividade de 16 a 19 horas para o segundo Ciclo Medio de Servicios de Restauración e o primeiro curso do Ciclo Medio de Dual de Servicios de Restauración.


A Concellería de Promoción Económica de Melide continuará anunciando nas vindeiras datas as seguintes actividades da promoción dunha das festas máis doces de Galicia.

61 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page