top of page

Arranca o proxecto 'Fálame de Monterroso!'

9 may 2021
1 min de lectura

Poden participar as persoas de entre 16 e 35 anos durante maio e xuño


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso promove o proxecto Fálame de Monterroso! Poden participar as persoas de entre 16 e 35 anos durante maio e xuño. Haberá catro actividades que teñen por obxectivo recuperar a memoria deste municipio. "Farémolo a través da grabación das voces da nosa veciñanza e coa axuda dunha aplicación móbil de xeolocalización", explica o Concello.

Preguntácheslle algunha vez á túa avoa que lugar da vila lembra con maior agarimo? Algunha vez contouche o teu avó que roupa lle gustaba poñerse nas festas do San Miguel? Escoitaches algunha anécdota da túa veciña falando de como organizaban o traballo colectivo na súa aldea? Todas estas respostas poden formar parte deste proxecto. "A través das lembranzas, vivenzas e anécdotas sobre Monterroso das persoas maiores coas que convivimos, podemos preservar toda a riqueza do noso territorio e poñela a disposición da xuventude e das persoas que visitan o municipio", apunta.


Se estás interesada/o en participar, debes escribir antes do domingo 16 de maio a falamedemonterroso@gmail.com . Trátase dun proxecto pioneiro que será apoiado economicamente tamén polo Injuve e que pretende tender pontes entre xeracións, recuperar os procesos de transmisión do coñecemento e presentar todos os tesouros que o noso rural ten e que serán esenciais para poder transitar hacia un futuro equitativo, inclusivo e ecolóxico. Tamén será un modelo totalmente novidoso de aproveitamento turístico para poder poñer en valor o noso rural.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page