top of page

Arranca hoxe o programa gratuíto 'Ximnasia Lalinova no rural' con unhas 180 persoas inscritas

Aínda quedan prazas dispoñibles nos centros sociais das parroquias de Botos, Prado, Bermés, Cercio e Santiso


Laura Moure/Lalín

O programa gratuíto de actividades físicas nos centros sociais do rural Ximnasia Lalinnova no rural que o Concello de Lalín desenvolverá dende hoxe, luns 21 de febreiro, e ata xuño en todas as parroquias do rural conta xa con 182 persoas inscritas. O edil de Emprego, Avelino Souto fai fincapé en que “aínda quedan bastantes prazas dispoñibles nos centros sociais de Botos, Prado, Bermés, Cercio e Santiso”. As persoas que desexen participar teñen que chamar ao 610 670 521 ou escribir a obradoirolalinnova@gmail.com, indica. As restantes parroquias están completas ou case completas.


Ximnasia Lalinnova no rural é unha iniciativa de promoción de hábitos saudables entre a veciñanza vai dirixida a todas as persoas maiores de 18 anos da totalidade das parroquias lalinenses que desexen realizar actividade física e mellorar a súa calidade de vida, que se enmarca no marco do obradoiro de emprego de garantía xuvenil “Lalinnova”, promovido polo Concello de Lalín en colaboración coa Xunta e cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Souto remarca que “con este programa de actividades físicas amosamos que o noso rural se move e que estamos co rural, co deporte e coa saúde”. “Con este programa municipal gratis para os usuarios queremos ofrecer clases dirixidas de ximnasia no rural para que a xente se manteña activa e tamén se realizará unha valoración da condición física a cada un dos participantes para que coñezan o estado físico inicial e ver a súa evolución no tempo”, precisa. “Trátase de beneficiar a saúde física e mental, tan importantes hoxe en día, e de procurar un espazo de interrelación social co cumprimento dos protocolos de actuación sanitarios”, engade.


As sesións

As sesións serán con música e nelas traballarase a mobilidade das articulacións, as capacidade físicas básicas (resistencia, forza, velocidade, flexibilidade...), as capacidades de coordinación (equilibrio, axilidade...) e a memoria. Faranse exercicios adaptados a aquelas persoas con mobilidade reducida e idade avanzada. Combinarase ximnasia con baile, xogos, estiramentos, exercicios de relaxación e consellos saudables sobre alimentación, descanso e actividade física.

Ximnasia Lalinnova no rural abarca á totalidade das parroquias agrupadas, por proximidade, en 16 áreas. Isto quere dicir, por exemplo que no centro social de Botos poden acudir os veciños de Botos e Donsión e así, de xeito sucesivo, tal como se reflicte a continuación:


Nº CENTRO SOCIAL ÁREAS 1 Botos Botos - Donsión 2 Soutolongo Soutolongo – Lodeiro -Doade 3 Vilatuxe Vilatuxe - Lebózán - Zobra 4 Gresande Barcia – Gresande – Anseán - Cristimil 5 Donramiro Donramiro - Moneixas - Lalín de Arriba 6 A Xesta A Xesta – Vilanova – Catasós 7 Goiás Goiás – Xaxán - Maceira – Alemparte – Alvarellos - Castro 8 Muimenta Muimenta – Parada- Cadrón – Alperiz - Cangas 9 Santiso Santiso - Méixome 10 Sello Sello – Erbo - A Veiga 11 Bermés Bermés – Val - Palmou - Erbo 12 Cercio Cercio – Rodís – Galegos – Camposancos – Cello - Palio 13 Filgueira Filgueira - Lalín 14 Prado Prado - Bendoiro 15 Noceda Noceda – Anzo - Losón 16 Madriñán Madriñán – Busto

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page