Está dirixido a persoas desempregadas de toda Galicia, desenrolarase entre setembro e novembro en Silleda e tamén online, e acepta inscricións ata o próximo luns, día 12
Laura Moure/Silleda
O proxecto Deza Circular, impulsado polo Concello de Silleda e que conta co apoio do veciño Concello de Vila de Cruces, ten como obxetivo capacitar e orientar a persoas desempregadas en servizos de aproveitamento forestal innovadores, así como accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular e o turismo sostible dos espazos naturais do municipio de Silleda.

A inscrición estará aberta ata o día 12 de setembro e poden participar persoas desempregadas de cualquera idade e con calquera nivel formativo previo. As
actuacións divídense en tres partes:
Formación en aproveitamentos forestais e acondicionamento de espacios verdes, centrada en ofrecer coñecementos teórico-prácticos para o desempeño de perfís profesionais relacionados con actividades de conservación e mellora do monte e espazos verdes.
Deza Recupera: prácticas específicas orientadas á empleabilidade en conservación forestal e turismo sostible ó mesmo tempo que se levan a cabo accións de mellora e recuperación de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000 do Concello de Silleda, como son As Brañas de Xestoso e o Sistema Fluvial Ulla-Deza.
Deza Orienta: accións de orientación e capacitación laboral neses mesmos ámbitos, que traballarán o aspecto motivacional, a empleabilidade e a busca de emprego, o acompañamento, a intermediación laboral e o autoemprego.
As dúas primeiras actuacións desenrrolaranse polas tardes de forma presencial no municipio silledense, mentras que a acción de orientación laboral e capacitación para o emprego desenrrolaranse polas mañás, en modalidade online e con unha duración
flexible.
O proxecto conta con un orzamento de 78.336 euros e está financiado polo programa Emplea Verde, de Fundación Biodiversidade, co apoio do Ministerio para a Transición
Ecolóxica e Reto Demográfico e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Para a súa execución contarase coa colaboración do Concello de Vila de Cruces e da Fundación
Roberto Rivas.
Presentación institucional o luns 12 de setembro
O próximo luns día 12 de setembro ás 11:00 horas haberá unha presentación institucional
do proxecto no Vivero de empresas do Concello de Silleda, no Parque Empresarial Área 33. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, abrirá o acto e seguidamente o equipo técnico do
proxecto explicará as súas características, para logo dar paso ó inicio das accións de
orientación e capacitación laboral durante a mañá e as accións de formación teórico-
práctica pola tarde.
As persoas interesadas en participar podrán facer a súa inscrición ata ese mesmo día,
12 de setembro. A inscrición pode facerse a través da páxina web do Concello de Silleda ou ben escribindo a emprego@silleda.gal
Comments