Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei comenza a tempada de desbroces do ano 2021. Estes traballos abranguen máis de 500 quilómetros de vías municipais. Ditas labores de limpeza e desbroce da maleza das vías titularidade municipal cubrirán tódalas parroquias do municipio durante os vindeiros catro meses, tal e como informa o Concello.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_79b6cedefaba4aa4a0ee9ea184d24d37~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_1307,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_79b6cedefaba4aa4a0ee9ea184d24d37~mv2.jpg)
O goberno local ten previsto comenzar, na vindeira semana, os traballos de limpeza e desbroce nas parroquias de Augasantas, Merlán e Ferreira, para logo ir continuando co resto de lugares.
Cabe mencionar que o Concello de Palas de Rei ten asinado un convenio coa Consellería de Medio Rural para o desbroce e limpeza de vías municipais. Neste caso a maquinaria conveniada coa Xunta de Galicia comenzará os seus traballos nas parroquias de Pidre, Cabana, Coence, Albá e Villareda para continuar en Cubelo, Lestedo e Villar de Donas.
Comentarios