Arranca a construción dunha nova piscina en Palas, na zona deportiva do polígono e de tamaño olímpico
- Laura Moure
- 3 may
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei

Comenzan as obras da nova piscina pública de Palas de Rei, ubicada na zona deportiva do parque empresarial de Palas de Rei e que está promovida polo Grupo Jim Sports dentro da colaboración que está realizando co Concello de Palas de Rei. A inversión será máis de 450.000 euros e complementa outras colaboracións como foi o Centro Deportivo.
Publicidade
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, valora moi positivamente esta actuación e “agradece que contribúa a reforzar todavía máis, as instalacións deportivas no municipio”. A infraestructura da piscina, será de tamaño Olímpico e accesible a todos os vecinos/as de Palas de Rei e da contorna.
Publicidade
As obras de desmonte e adecuación dos terreos comenzaron nestos días e teñen un prazo de execución de 6 meses. O rexedor matiza que esta será a segunda piscina de uso público do municipio dado que a outra encóntrase na zona deportiva dos Chacotes. Ademais, o mandatario resalta que “a fórmula de colaboración público-privada que se está a facer, con empresas como Jim Sports, tradúcese en importantes servizos para o municipio; primeiro foi o ximnasio, logo o centro deportivo e agora complementase con esta zona de baño”.
Comments