Arden 0,14 hectáreas de monte raso en Paradela, no municipio de Toques
Ecos da Comarca/Toques

Esta tarde orixinouse un lume no municipio de Toques, en concreto na parroquia de Paradela e preto de vivendas e dunha empresa. Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural comezou ás 17:56 horas, quedou controlado ás 18:42 horas e extinguido ás 19:37.
A superficie afectada foi de 0,14 hectáreas de monte raso. No lugar traballaron dous axentes, unha brigada e unha motobomba.
