Ecos da Comarca/Arzúa
O 112 Galicia informa que esta tarde ardeu por completo un segundo piso dunha casa en Arzúa. Tamén se viu afectada a primeira planta, sen que se producisen danos persoais.

Pouco despois das 16:00 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para alertar dun incendio na súa vivenda, pertencente á parroquia de San Pedro de Viñós. Axiña, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil da Coruña e aoa GES de Curtis.
Publicidade
Debido á gran carga de lume que había no segundo piso do inmoble, tamén se mobilizaron os Bombeiros de Ordes, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención. Os efectivos do parque comarcal de Arzúa indicaron que lograran controlar o lume e permaneceron no punto xunto cos membros do GES de Curtis para vixiar e remover os rescaldos que quedaban tras realizar as correspondentes labores de extinción.
Unha vez abandonado o lugar do incendio, sinalaron que o lume puido orixinarse na cheminea. Do mesmo xeito, explicaron que ardera toda a parte de arriba á vez que a primeira planta tamén se vira bastante afectada por mor da auga e do fume.
Comments