Aprobada en Xunta de Goberno a licitación da reposición do camiño de Petos, na parroquia de Furelos
- ecosdacomarca
- 10 mar 2023
- 1 Min. de lectura
O orzamento da obra sitúase nuns 50.000 euros e o prazo de execución é de tres meses
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide levará a cabo obras de reposición do camiño do núcleo de Petos, na parroquia de Furelos. A Xunta de Goberno local do 9 de marzo aprobou a licitación do proxecto, que contempla unha intervención nun tramo de vía de 1,1 quilómetros que se atopa moi deteriorado polo uso.

As obras levaranse a cabo segundo un esquema que inclúe a apertura e limpeza de cunetas, así como a formación da base en sobreanchos. Procederase á retirada do actual
asfaltado e á instalación de afirmado e medias cañas. Posteriormente, estenderase unha
capa de aglomerado. As obras rematarán cun acabado e limpeza das calzadas.
Todos os tramos do vial sobre o que se actuará están a cargo do Concello. En total a
superficie abarcada polas obras será de 4.382,5 metros cadrados. O orzamento de licitación da obra sitúase nos 50.152,20 euros, IVE incluído. O prazo de execución dos traballos será de tres meses.
コメント