top of page

Aparece en Monterroso unha pomba mensaxeira de elite procedente de Portugal

Decenas destes exemplares, que participaban nunha competición de velocidade, perdéronse debido ás tormentas e están aparecendo en distintos puntos de Galicia


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso informa que este domingo se atopou unha pomba mensaxeira na Avenida do Marco, nesta localidade. "Trátase dunha pomba mensaxeira de elite que polas adversidades metereolóxicas dos últimos días probablemente se desorientara e non chegara ao seu destino", sinala o Concello.

Captura do vídeo do Concello da pomba.

O goberno local asegura que esta forma parte dun grupo de pombas que saíron do sur de Portugal, do Algarve, a pasada fin de semana. Participaban nunha competición de velocidade organizada pola Federación Portuguesa de Columbofilia. Debían recorrer uns 300 quilómetros ata chegar, cada unha, ao seu pombal nos arredores de Oporto, pero lamentablemente moitas delas non apareceron no seu destino.


"Gracias á rápida actuación do Grupo de Emerxencias de Monterroso na súa captura, a prestación de sustento e alimento e logo dunha rápida e áxil xestión, esta pomba volverá ao seu destino hoxe pola tarde", indicou este domingo o Concello, quen colgou un vídeo deste exemplar no seu perfil de Facebook.


Son decenas as pombas mensaxeiras que están desaparecidas e que se buscan en Galicia. Formaban parte dunha competición de velocidade na que participan uns 10.000 exemplares. Algunhas xa apareceron na zona de Vigo, e incluso, outra apareceu en Triacastela, entre outros lugares.




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page