top of page
Perruquería Marisa.gif

Aparatoso accidente entre dous coches na parroquia agoladesa de Artoño

Ecos da Comarca/Agolada

A PO-840, ao seu paso pola parroquia agoladesa de Artoño, rexistrou este domingo un accidente de tráfico. No mesmo víronse implicados dous vehículos. O sinistro saldouse con importantes danos materiais, pero por sorte non houbo feridos.

Os dous vehículos implicados.


O suceso tivo lugar á altura do cruce da coñecida como estrada vella de Artoño ao redor das 14:00 horas. Nun dos vehículos viaxaba un veciño desa parroquia e no outro unha parella de Antas de Ulla. Como consecuencia do impacto un dos turismos saíuse da vía como se apreza na imaxe.

Ata lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Agolada.

1909 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page