Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A parroquia cruceña de Merza celebrou o venres e sábado as súas festas na honra a a Santa Lucía e San Campio. Todo transcurriu segundo o esperando. Cando a función rematou as orquestras recolleron todo para marchar e ir coa música a outra parte. Pero o camión dunha delas, resistiuse a marcha de Vila de Cruces. Por que? Quedou enterrado!
Sobre as 7:00 horas do sábado unha grúa tivo que ir tamén a festa, para retirar o camión. Que quedase así foi debido á choiva, tal e como confirman dende a propia comisión de festas.
Publicidade
Isto é só unha anécdota, que serve para aplaudir, unha vez máis, o traballo e o labor de todos os que cada verán fan posible que desfrutemos das verbenas. Porque detrás do escenario, e nas horas previas e posteriores, hai moito traballo! Tamén agradecer aos traballadores das grúas que sempre van ao rescate de todos!
Comments