top of page

Antas perpetúa o legado de Teresa Batán Buján poñendo o seu nome á Casa da Cultura

hace 12 minutos
2 min de lectura

O pobo rendeulle unha homenaxe coincidindo coa súa xubilación como bibliotecaria municipal, despois de toda unha vida de compromiso coa lectura e coa cultura


Laura Moure/Antas de Ulla

Antas de Ulla rendeu unha sentida e merecida homenaxe este domingo a Teresa Batán Buján, coincidindo coa súa xubilación como bibliotecaria municipal, despois de toda unha vida de compromiso coa lectura, coa cultura e coa nosa veciñanza. E dende onte a Casa da Cultura leva o seu nome.

A iniciativa de poñerlle o seu nome á Casa da Cultura partiu do Instituto de Estudos Ulloáns e contou tamén co apoio e a implicación da Escola Banda de Música de Antas de Ulla, da Coral Polifónica Sons do Farelo, da Asociación Cultural A Fiadeira e do Grupo de Teatro de Antas de Ulla .


Unha proposta que a alcaldesa, Pilar García Porto, acolleu desde o primeiro momento con enorme ilusión e que onte se converteu en realidade. Para facelo posible celebrouse un Pleno Extraordinario, no que quedou aprobada a nova denominación: CASA DA CULTURA TERESA BATÁN BUJÁN.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Todo o Goberno municipal, coa alcaldesa á cabeza, votou favorablemente á proposta. O grupo municipal do Partido Popular decidiu non asistir ao pleno, coa excepción dun dos seus concelleiros, que estivo presente e votou a favor a título persoal, tal e como fixo constar durante a sesión.

Tras o pleno chegou o momento máis emotivo da xornada, cun acto no que Teresa estivo arroupada por familiares, compañeiros e compañeiras, entidades culturais, clubs de lectura, representantes institucionais e numerosos veciños e veciñas. Houbo palabras de cariño, lembranzas, agradecementos e moita emoción ata chegar ao momento máis esperado: o descubrimento da placa coa nova denominación da Casa da Cultura: “Casa da Cultura Teresa Batán Buján”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"Porque hai persoas que fan moito máis que desempeñar un traballo. Hai persoas que sementan cultura. Que crean comunidade. Que deixan unha pegada que permanece. Grazas, Teresa, por tantos anos de dedicación, proximidade e amor polos libros e pola cultura de Antas de Ulla. Desde hoxe, o teu nome queda para sempre ligado á cultura e á historia do noso Concello. Parabéns, Teresa!", sinalou o Concello.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page