top of page

Antas de Ulla renderá homenaxe a Teresa Batán Buján polos seus anos dedicados á cultura

A cita será o 13 de setembro

Laura Moure/Antas de Ulla

Antas de Ulla prepara para este domingo, 13 de setembro, unha homenaxe chea de agarimo a Teresa Batán Buján, bibliotecaria e dinamizadora cultural do municipio, en recoñecemento a toda unha vida laboral dedicada á promoción da lectura, o teatro e a cultura.

O acto terá lugar ás 18:00 horas na Praza do Concello, onde a veciñanza está convidada a acompañar a Teresa neste día tan especial.


Ao longo dos anos, o seu traballo permitiu achegar os libros e a lectura a varias xeracións de veciños e veciñas, especialmente aos máis pequenos, ao tempo que converteu a biblioteca nun espazo de encontro, aprendizaxe, creatividade e participación cultural.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde o Concello destacan que Teresa deixou unha fonda pegada na vida cultural de Antas de Ulla, non só polo seu labor profesional, senón tamén polo cariño e a dedicación coa que desenvolveu numerosas iniciativas relacionadas coa lectura e o teatro.


A homenaxe pretende ser tamén unha maneira de agradecerlle tantos anos de entrega e de devolverlle parte do afecto que foi sementando entre a veciñanza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar neste recoñecemento a Teresa Batán Buján e compartir con ela unha tarde dedicada a poñer en valor o seu importante papel na cultura local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page