A partir do 29 de abril poderán solicitar unha cita para recibir a axuda dun funcionario da Axencia Tributaria
Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla, en colaboración coa Axencia Tributaria, porá en marcha un servicio gratuíto de asistencia para que os veciños e veciñas maiores de 65 anos reciban asistencia para presentar a súa declaración da renda dende as oficinas municipais. O Concello contará cun posto de atención á cidadanía no que se ofrecerá a asistencia da persoal municipal e da Axencia Tributaria para recibir asesoramento e realizar a tramitación.

A partir do 29 de abril poderán solicitar unha cita para recibir a axuda dun funcionario da Axencia Tributaria para confeccionar a declaración entre os días 7 de maio e 1 de xullo.
A cita pódese solicitar nos teléfonos 915 53 00 71 e 901 22 33 44 de luns a venres de 9:00 a 19:00 horas, no propio Concello de Antas de Ulla no teléfono 982 37 92 51 ou por Internet a través do enlace http://sede.agenciatributaria.gob.es.
Publicidade
“Esta acción enmárcase no noso compromiso de dar un mellor servizo ós seus veciños, especialmente tendo en conta o envellecemento da poboación e a falta de acceso ás TIC”, explica a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.
Comments